Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS


Juan Torres López é Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Sevilla e autor deste artigo:

O  Consello Empresarial para a Competitividade que agrupa ás 18 empresas máis grandes de España acaba de facer público un informe con propostas para crear 2,3 millóns de empregos até 2018, que é un verdadeiro insulto á intelixencia dos españois.
1. Para combater o paro propón combater a economía mergullada. Unha boa proposta, pero non contempla as súas dúas expresións máis sanguentas: a utilización de paraísos fiscais para evadir impostos e poder cometer todo tipo de tropelías financeiras e a fraude fiscal que realizan as grandes empresas.
Se estes grandes empresarios queren acabar coa economía mergullada deben empezar por repatriar o diñeiro que se levaron a eses paraísos e polo ao día con Facenda, comprometerse a non utilizalos nunca máis e acabar coas súas prácticas fiscais fraudulentas e elusivas, especialmente no imposto de sociedades.
2. Esquecen tamén estes responsables da gran empresa que os contratos informais e a fraude laboral son en gran medida o resultado das políticas de externalización e subcontratación abusiva e da presión constante sobre as pemes que veñen practicando nos últimos anos para aforrarse traballo asalariado e custos laborais.
Se queren acabar con este tipo de fraude non é necesario, como propoñen, que haxa máis inspectores laborais, senón que a gran empresa asuma un código de comportamento diferente e se comprometa a non seguir recorrendo a esta vía dexenerada de utilización da forza de traballo.
3. A gran empresa afirma que busca reducir o paro pero propón que suba o IVE (con tal de que non suba a súa contribución ao fisco), o que claramente supón un aumento nos prezos que debilita o consumo dirixido á pequena e mediana empresa e por tanto, as súas vendas, o que lles vai a obrigar a reducir aínda máis os seus cadros de persoal.

Para ler artigo completo, clicar aquí e entrar no diario "Público"



Máis Colaboracións


CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

Descargas

1- Mentiras sobre o 14N.pdf