Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz


A DOUTRINA DO SHOCK

Fixérono tantas veces nos derradeiros anos, que xa nos estamos aclimatando a que pareza normal. Pero é una técnica perfectamente estudada, ensaiada en multitude de países, desde que lles saíu ben o primeiro ensaio no Chile de Pinochet.

Os políticos que nos gobernan estudaron con moito aproveitamento na chamada Escola de Negocios de Chicago, de tanto predicamento desde que o tandem Teacher-Reagan aplicaran a escala planetaria súas receitas: Ameazar coa morte, para logo só cortarnos as pernas. Así parece que nos salvaron… é un dicir.

Vexamos se non o exemplo da suba da luz, despezada nas varias secuencias:

  1. Queren-nos subir o recibo nun 7%, poñamos por caso. Iso é moitísimo, e se temos en conta que no 2013 a subiron catro veces, a cousa faise moi difícil de dixerir. A Caldeira social ten xa moita presión…
  2. Hai que facelo en varios pasos, seguindo a técnica aprendida: Agora toca que os Grandes do sector se mollen, lanzando un órdago moi provocativo: unha suba do 11%. A indignación é morrocotuda. Tanto nas chamadas Redes Sociais, como nas rúas e centros de traballo, a xente expresa, aínda que desordenadamente, seu cabreo.

E non só a xente con rendas moi baixas, se non tamén multitude de pequenos e medianos empresarios que ven fundirse seus negocios pola presión dos custes da electricidade.

  1. O Goberno, nun xesto de “autoridade”, anula a subasta da electrididade, por presunta manipulación dos pasos previos da mesma, a cargo dos membros do oligopolio enerxético (lembremos que, nas cinco principais empresas dese oligopolio, están recolocados Felipe González, Xosé Mª Aznar (cun salario de 200.000 euros ó ano cada un), e un numeroso fato de ex–ministros/as dos seus respectivos gobernos. Por suposto que o seu traballo non é de 40 horas á semana…).

A presión baixa de xeito instantáneo, porque a xente á que lle puxeron unha soga no pescozo, non soporta moito tempo a presión da mesma, e nada mais afroxar un chisquiño o nó, xa respira aliviada.

  1. Pero as regras do xogo non cambiaron: o Goberno limítase a “esixir” – Que digo? só pidir – unha nova subasta, que despois dunha posta en escena dos Xefes da manada enerxética d

    Máis Colaboracións


    CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

    A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

    VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

    De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

    SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

    FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

    NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

    O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

    Descargas

    1- Mentiras sobre o 14N.pdf