Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ


A Xuíz do nº 2 do Social de Barcelona, nunha senteza sen precedentes, ven de declarar ilegal o chamado "Contrato de Emprendedores", que permite considerar período de proba todo un ano enteiro de traballo, sen ter en conta a cualificación do traballador ou traballadora, convertendo esta modalidade de contrato nun verdadeiro "dereito de pernada" dos empresarios para despedir sen aviso previo e sen indemnización.

A importancia desta sentenza é indiscutible, principalmente por dous motivos:

a). Desmonta a falacia dun mal chamado "periodo de proba" con argumentos xurídicos, mais tamén de sentido común: non se precisa un ano para saber se un peón fai ben seu traballo de mover caixas dun lugar a outro, por exemplo.

b). Apoia a argumentación xurídica da sentenza na "Carta Social Europea", establecendo con claridade a superioridade xerárquica desa norma en relación coa lexislación española.

Aínda que non é esta a primeira sentenza que pon en entredito a Reforma Báñez, sí é a primeira que se apoia na Lexislación da Unión Europea, o que pon ao descuberto as vergoñas duns lexisladores que operan sen ningún respecto polas normas internacionais cando estas normas favorecen os intereses dos mais débiles, se ben son moi resopectuosos cando os interesados son os banqueiros e as multinacionais...

Para ler a sentenza de marras, utilizade o seguinte link:

Sentenza Abuso Periodo Proba.pdf

Para mais comentarios, podedes seguir este outro:

Ler máis



Máis Colaboracións


CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

Descargas

1- Mentiras sobre o 14N.pdf