Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES


Din que unha mentira acada o estatus de verdade se a repites miles de veces. Chama a atención que persoas intelixentes entren neste xogo macabro a propósito da Folga Xeral do 14N.

A MANIPULACIÓN INFORMATIVA

Todos puidemos escoitar nas emisoras de radio e TV como nos contaban “a pé de obra” que  en determinados centros de traballo, empresas e servizos emblemáticos, como, por exemplo, o Metro de Madrid, “os servizos mínimos funcionan con total normalidade”, cando o propio tería sido informar que no Metro de Madrid só funcionan os servizos mínimos.

A técnica de manipulación informativa consiste en presentar como TOTAL NORMALIDADE un feito que é alleo ao asunto que se narra: Estase a falar do seguimento da folga e como se sabe, os Servizos Mínimos son o colectivo ao que non se lle permite facer folga e ten que ir traballar por forza.

O que realmente acontecía no caso que nos ocupa – e polo tanto, a noticia verdadeira – era que no Metro de Madrid a folga foi seguida polo 100% dos traballadores.

Esta técnica de contar mentiras que parecen verdades puidémola ver aplicada de xeito xeneralizado en todo País polos medios públicos e a maioría dos privados.

O CONSUMO ELÉCTRICO

A primeira gran mentira a respecto das folgas é que o consumo eléctrico é o índice máis fiable para medir o seu éxito. A mentira é tan gorda que se cadra é por iso que a coaron e a repiten sistematicamente desde hai anos a patronal e os medios de comunicación que lles son afíns.

No 14N o consumo eléctrico caeu, pero moi pouco, e é obvio que non caerá nunca moito máis en ningunha outra folga por moito seguimento que tivese, a non ser que o éxito fora realmente case total, cousa imposible na práctica. Porque, por moito que lles moleste aos defensores desa “matemática parda”: Ler máis...

 

 



Máis Colaboracións


CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

Descargas

1- Mentiras sobre o 14N.pdf