Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca


Para a USTG o proxecto do Goberno para aprobar un novo Regulamento que regule o despedimento colectivo e os EREs é unha volta de torca máis no seu empeño por destruír os avances sociais conseguidos polos traballadores nos últimos 50 anos, e por desmantelar o Estado do Benestar.

Benestar e privilexios que, pola contra, aumentan cada día para os verdadeiros responsables da crise económica.

Có novo Regulamento de procedemento dos despedimentos colectivos e os EREs, o Goberno introduciu o despedimento libre nas administracións públicas, amparándoo nuns casos ou nunhas causas perfectamente deseñados para un momento de recortes orzamentarios como os actuais: diminución de subvencións, transferencias de capital ou achegas a un convenio ou programa nun 10% do orzamento, ou pola mera “non dispoñibilidade” orzamentaria dun Departamento, Consellería, Entidade Local, ente ou organismo.

Noutras palabras, para despedir a toda ou parte dun persoal chega con non consignar ou reducir os orzamentos para a mesma, á marxe da súa función social ou de que estea a ser rendible. Poderase pechar un centro social, xuvenil, deportivo, amparándose nesas causas.

Estamos diante dun primeiro intento para destruír ou desmantelar á Administración Pública que debe servir con obxectividade os intereses xerais, para implantar unha administración “particular”.

E para iso o goberno xa creou un “comité de sabios” para reformar a Administración, o Grupo de Investigación sobre Administración Pública ano 2032.

Para a USTG este regulamento supón un novo ataque aos Servizos Públicos e ao Estado do Benestar. O Goberno está a cumprir unha folla de ruta establecida polos “mercados”, que consiste esencialmente en palabras do premio Nobel de Economía Paul Krugman: “a estratexia europea  consiste en elevar o desemprego".

Por iso é polo que se pretende facilitar o despedimento de máis de 800.000 empregados públicos e paralizar as ofertas de emprego.

Como consecuencia de todo iso, haberá man de obra barata, moi barata, aínda que a dignidade desa man de obra estea polo chan.

Xosé Mª Freire

 



Máis Colaboracións


CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

Descargas

1- Mentiras sobre o 14N.pdf