Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE


Cada trimestre o SEPE (antigo INEM) elabora un "catálogo de ocupacións de difícil cobertura". No do 2º trimestre do 2012 cualifícase como tales, entre outras, a maioría das ocupacións referidas á actividade da mariña mercante, desde xefes de máquinas até camareiros e cociñeiros de barco, pasando por engraxadores, mariñeiros e mozos de cuberta, todas elas para todas as provincias costeiras de España máis Lleida e Madrid.
 
É dicir, que o goberno, Vía SEPE, nos di que é difícil atopar traballadores destas profesións en Barcelona, Valencia, A Coruña ou Pontevedra, por poñer un exemplo.

Coa que está caendo, parecerá que isto é unha especie de broma de mal gusto; pero a cuestión ten o seu aquel: a presenza dunha ocupación ou oficio no Catálogo de marras, implica para o empresario a posibilidade de tramitala autorización para residir e traballar para un traballador estranxeiro”.


O efecto real desta normativa é o de facilitarlle aos empresarios a contratación dunha man de obra mais barata, á que se lle poden regatear dereitos e impoñer xornadas e condicións de traballo abusivas, xa que os aspirantes, obviamente, non están en condicións de esixir dereitos .

Quede claro que defendemos por riba de todo o dereito de todo home e muller a poder traballar libremente en calquera parte do mundo, e rexeitamos de maneira radical calquera actitude xenófoba. Pero coa mesma enerxía rexeitamos as trapalladas administrativas que serven para que empresarios deshonestos abusen da xente, como é o caso que nos ocupa.

Por iso coidamos que non é de recibo esta práctica do Goberno, que declara de difícil cobertura oficios nos que hai milleiros de desempregados nacionais.

Porque é mentira, e porque esa mentira ten unha intencionalidade descarada de animar o fraude.

Un colectivo de parados da mariña mercante están a denunciar esta situación da que fan responsables, ademais do Goberno, aos sindicatos oficiais como coautores desta práctica perversa.

Desde a USTG non podemos menos que solidarizarnos con eles, rexeitar esta situación de todas as formas posibles e animar a todos os que se poidan sentir afectados a denunciar e reclamar contra esta “mentira oficial”.

XMF



Máis Colaboracións


CONVOCATORIA DE OPOSICIÓNS PARA EDUCACIÓN

A GRAN EPRESA NON SABE O QUE DI OU CRE QUE OS ESPAÑOIS SOMOS PARVOS

VIDEO SINXELO SOBRE RECIBO DA LUZ

De como manipulan ao persoal para subir o recibo da luz

SENTENZA CONTRA MEDIDA-ESTRELA DA REFORMA BÁÑEZ

FOLGA DO 14N: MENTIRAS QUE PARECEN VERDADES

NOVO REGULAMENTO DOS EREs: Outra volta de torca

O GOBERNO PATROCINA O FRAUDE NOS CONTRATOS DE TRABALLO DA MARIÑA MERCANTE

Descargas

1- Mentiras sobre o 14N.pdf