Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO


Coa desenvoltura que os caracteriza, os portavoces tanto do Goberno como do PP sacaron peito polos resultados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) correspondentes ao segundo trimestre de 2015, que reflicten un claro aumento da ocupación e un descenso nada irrelevante no número de persoas sen emprego a respecto do trimestre anterior.

Con todo, cando apenas faltan seis meses para que conclúa esta lexislatura, a situación do mercado de traballo en España segue sendo peor, en xeral, que a que Mariano Rajoy atopou en decembro de 2011, cousa que debe de ser moi decepcionante para quen creron a súa alegre promesa electoral de acabar co paro en dous anos.

Vexamos algúns datos:

  A pesar das durísimas políticas de axuste e á reforma laboral de febreiro de 2012, ao termo do segundo trimestre había 17.866.500 ocupados; é dicir, 286.500 menos que os que reflectía a última EPA de 2011, coa que José Luís Rodríguez Zapatero se despediu do Goberno. A diferenza é aínda maior no colectivo dos asalariados, que neste período perdeu 388.200 efectivos, ata situarse nun total de 14.762.300.

  Pero non só a ocupación continúa por baixo dos niveis existentes ao comezo da actual lexislatura: tamén a calidade do emprego foi netamente a peor durante o tres anos e medio que Rajoy leva na Moncloa. Agora hai apenas once millóns de traballadores por conta allea con contrato indefinido, 335.600 menos que cando o PP recuperou o poder tras gañar con maioría absoluta as eleccións xerais de novembro de 2011. (seguir lendo aquí)