Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ


Ignacio Escolar é o director do diario dixital Eldiario.es

1. Que o ministro de Facenda amenta, ameace ou faga o ridículo deixou de ser novidade. Non por iso hai que calar ante a enésima falsidade. Segundo Cristóbal Montoro, os salarios han "moderado o seu crecemento". A realidade? Que nos últimos anos non pararon de caer, como ben sabe calquera persoa que non viaxe nun coche oficial. Segundo a propia estatística do Goberno, a do INE, perderon un 0,3% no último ano, pero a verdadeiro caída é moitísimo maior. FEDEA calculou que o recorte dos salarios en España entre 2010 e 2012 é do 12% en dous anos se temos en conta a inflación.

2. Os salarios non só son cada vez máis baixos, senón que cada vez pesan menos na renda nacional: cada vez os traballadores levan menos anaco da torta, fronte aos beneficios dos empresarios. Entre 2008 e 2012, o total dos soldos en España retrocedeu 55.000 millóns de euros. Os beneficios empresariais? Tan só se reduciron en 5.700 millóns no mesmo período. En porcentaxes: os traballadores perderon un 10,2%; os empresarios, o 1,2%. O partido da crise vai co marcador 10 a 1. Golea a patronal.

3. A crise vai por barrios e cada dato déixao máis claro aínda. España crece? en millonarios. O número de persoas con máis dun millón de dólares aumentou un 13,2% no último ano. Mentres o país se desangra, somos o sexto país do mundo que máis novos millonarios produce.  

Ler artigo completo clicando aquí para entrar en eldiario.es

 



Máis Opinión


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016: E RAJOY PARIU UNHA RÁ

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?

A GRAN ABDICACIÓN

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?

Descargas

1- Hai alternativas.pdf