Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE


Vicenç Navarro é un dos investigadores españois máis citados na literatura científica internacional en ciencias sociais

Nas sociedades en que vivimos considérase aceptable que o motivo que move a actividade dunha empresa sexa o beneficio, utilizándose este como criterio de eficiencia. Este é o modus operandi da maioría de actividades económicas, que asume que as empresas máis exitosas son as que teñen máis beneficios. En realidade, nun mundo competitivo, optimizar o beneficio como obxectivo central dunha empresa é condición sine qua non da súa pervivencia no mercado, pois, de non acadar aquel obxectivo, a empresa pode desaparecer. O mercado, polo menos en teoría (é dicir, o que se escribe nos libros de texto de economía), é o que define a supervivencia, éxito ou fracaso dunha empresa, sendo o cliente o que - a través da famosa man invisible - determina as prioridades e a existencia das empresas.

Este obxectivo - optimizar os beneficios -, que é moi loable e é o leitmotiv do sistema económico, pode, con todo, entrar en conflito coa calidade dos servizos provistos sen que o cliente sexa consciente ou saiba a natureza deste conflito. Un exemplo diso dáse nos servizos sanitarios privados con afán de lucro. Tales empresas sanitarias privadas poden tentar reducir custos en áreas necesarias para manter a calidade da asistencia sanitaria e a seguridade do paciente co obxectivo de acadar o nivel de beneficios que require a súa propia existencia e supervivencia, sen que o paciente sexa consciente diso.

A evidencia de que isto ocorre é abafadora. E onde máis se estudou este feito é en EEUU, onde as empresas sanitarias con afán de lucro son máis extensas. En EEUU, tales empresas dominan as empresas de diálese renal, casas de convalecencia (nursing homes), hospitais psiquiátricos, servizos de rehabilitación e mutuas sanitarias coñecidas como HMO (Health Maintenance Organization). Representan tamén o 13% de todos os hospitais agudos. En Canadá, onde o sistema de financiamento é público e a provisión de servizos pode ser pública ou privada (sen ou con afán de lucro), existe presión por parte dos partidos conservadores e liberais (que teñen lazos financeiros con tales empresas) para que o sector público contrate máis coas empresas sanitarias privadas con afán de lucro. Algo semellante está a ocorrer en España. En EEUU, aínda que a maioría do financiamento é privada, existen tamén servizos sanitarios públicos que contratan con empresas privadas (sen e con afán de lucro).

(Ler artigo completo no Blog do autor, clicando aquí)



Máis Opinión


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016: E RAJOY PARIU UNHA RÁ

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?

A GRAN ABDICACIÓN

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?

Descargas

1- Hai alternativas.pdf