Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS


Artigo de Roberto Centeno en "El Confidencial", 25.12.2012.

A verdade é que me despedin de vostedes o luns pasado, pero o banquete de vaidades que reuniu en Toledo á cuadrilla de tramposos cortoplacistas que leva a gobernanza de España e á súa corte de "aplaudidores" (querían celebrar o seis millóns de parados no seu primeiro ano no poder) é algo que non pode ignorarse. Alí, Mariano Rajoy felicitouse polos seus grandes logros, como, por exemplo, que o ritmo de destrución de emprego se acelerase ou que a débeda aumentase. Tamén que crecese o déficit e que as comunidades autónomas sigan fora de control, en contra da opinión recollida por "The Economist", que asegura que o déficit baixou dous puntos e que as CCAA téñense "domesticado". De onde o sacan? O semanario británico cada vez contrasta menos as súas fontes.

Como diría a señora De Cospedal, "custe o que custe e sexa o duro que sexa, seguiremos adiante coas reformas". E ten razón, porque xa só ten dous soldos de luxo, 47 asesores, dous coches oficiais e un buraco orzamentario do 13,4% para 2013, case 1.000 millóns. Vaia, que a pobre o está pasando fatal. Igual que o resto de "aplaudidores", os políticos máis caros -en soldos e privilexios- de Europa... Para eles, e para os centos de miles de familiares e amigos que teñen enchufado, a crise non existe. O máis grave, no entanto, é a súa afirmación de que "2013 será o ano da recuperación", un engano que pode inducir á xente a tomar decisións de compra ou investimento que acabarán en desastre, como fixeron MAFO e Solbes en 2007 cando incitaron á xente a endebedarse para mercar vivendas porque "nunca poden baixar".

Ler máis en El Confidencial



Máis Opinión


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016: E RAJOY PARIU UNHA RÁ

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?

A GRAN ABDICACIÓN

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?

Descargas

1- Hai alternativas.pdf