Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?


Unha dogma que se estendeu nos establishments financeiros, económicos, mediáticos, académicos e políticos de España é que para saír da crise hai que baixar os salarios. Tal crenza foi reforzada polo último informe sobre España do Banco Central Europeo dado a coñecer o pasado xoves (09.08.12), o cal subliña a necesidade de que se baixen os salarios e o salario mínimo (así como outras medidas encamiñadas a debilitar ao mundo do traballo, como a descentralización e enfraquecemento do proceso de negociación colectiva) a fin de aumentar a competitividade da economía española e con iso facilitar a recuperación económica de España.

O argumento que se utiliza para xustificar tales medidas é que, ao non poder devaluar a moeda (posibilidade denegada aos países da Eurozona ao ter todos eles a mesma moeda) a fin de abaratar os produtos e facer ao país máis competitivo, a única solución que queda a tales países que están en recesión é abaratar os produtos a base de diminuír os salarios.

Desta maneira serán máis e máis competitivos e venderán máis produtos, exportando máis e máis, convertendo tales exportacións no motor da economía, permitindo así que saian da recesión.

Este argumento pasou a ser parte da teoloxía de tales establishments e reprodúcese non só polos equipos económicos dos partidos gobernantes, a maioría conservadores e liberais (en realidade neoliberais), senón tamén entre economistas que gozan de gran visibilidade mediática e que tiveron responsabilidade gobernamental tanto a nivel central como autonómico (goberno Zapatero e tripartito), agora na oposición. 

Podería citar moitas declaracións recentes de economistas próximos ao PSOE e ao PSC que, engadindo un ton de realismo (que sempre se utiliza para defender teses neoliberais), conclúen que si, que hai que descender os salarios como parte do que Paul Krugman e moitos outros chamaron a desvalorización doméstica.

Por certo, incluso a Monarquía está a promover esta crenza (que acadou niveis dogmáticos) nas súas proclamas. Así, o herdeiro do trono de España, o Príncipe Felipe, na súa inauguración duns dos campus do centro de reflexión e promoción neoliberal, o IESE, fixo referencia a que os nosos prezos e salarios están a marcar o ritmo do retorno ao carreiro da competitividade, o cal, decodificada a narrativa diplomática, quer dicir que as baixadas de salarios están a preparar a saída da crise, mediante o suposto aumento da competitividade (...)

Ler artigo completo de Vicent Navarro clicando aquí.



Máis Opinión


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016: E RAJOY PARIU UNHA RÁ

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?

A GRAN ABDICACIÓN

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?

Descargas

1- Hai alternativas.pdf