Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?


Vicenç Navarro
Catedrático de Políticas Públicas. Universidade Pompeu Fabra, e Profesor de Public Policy. The Johns Hopkins University

A resposta a esta pregunta é fácil. A pobreza aumentou como consecuencia das políticas públicas que se estiveron aplicando nos últimos anos. E, entre elas, tres adquiren especial importancia. Unha delas é  a reforma laboral que tivo como obxectivo reducir os salarios, como consecuencia do aumento do desemprego. Son consciente de que haberá moitas voces que cuestionen esta tese, dicindo que, en contra do que digo, a reforma laboral tiña como obxectivo establecer as condicións para crear emprego, engadindo ademais, que non era a súa intención baixar os salarios. Pero a evidencia pola contra é abafadora. Consecuencia das reformas laborais que se viñeron facendo (facilitando o despedimento dos traballadores) aumentou, non diminuíu, o desemprego, destruíndose miles e miles de postos de traballo. É difícil de crer que os deseñadores de tais políticas e os lexisladores que as aprobaron non soubesen que tais reformas do mercado laboral destruirían emprego aumentando o desemprego e baixando os salarios. A experiencia internacional corrobora e confirma a experiencia nacional.

Para ler o artigo completo, clicar en Público.



Máis Opinión


OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2016: E RAJOY PARIU UNHA RÁ

A CRÚA REALIDADE SOBRE A "CREACIÓN" DE EMPREGO

CATRO CRAVES SOBRE OS SALARIOS QUE MONTORO XAMAIS CHE CONTARÁ

AFÁN DE LUCRO E SANIDADE

CELEBRANDO OS SEIS MILLÓNS DE PARADOS

BAIXAR SALARIOS PARA SAIR DA CRISE?

A GRAN ABDICACIÓN

POR QUE A POBREZA ESTÁ A C RECER EN ESPAÑA?

Descargas

1- Hai alternativas.pdf