Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF


A Fundación FEDEA (Fundación de Estudios de Economía Aplicada), ven de publicar un interesante estudo no que se pon de manifesto con datos o escándalo da fraude fiscal no noso país.

Este estudo, de 28 páxinas, titulado “O oco que deixa o diaño”, non ten desperdicio.

Nunha crónica difundida por Europa Press e da que se fai eco o diario dixital Público, podemos ler un fato de datos que nos poñen a pel de galiña, sobre como e quen defrauda en España. Está claro que non somos os traballadores e traballadoras...

Desde aquí recomendamos a lectura desta nova, e non só os titulares. Hai moita fariña tanto nas declaracións dos dirixentes de FEDEA coma, sobre todo, no extenso informe publicado. E como quer que estas cousas non se poden ler normalmente nos medios en papel nin nos telediarios, non queda mais remedio que acudir ás novas tecnoloxías para chegar á información que interesa.

Nun intre histórico coa o actual, no que se aveciñan citas electorais e outros eventos de relevancia para a xestión do público, ter información é esencial para poder conformar unha opinión documentada. E como quer que só con opinión documentada podemos exercer cavalmente como cidadáns e non coma simples súbditos, máis vale que nos tomemos o esforzo de ler...

Recomendamos encarecidamente a lectura da crónica periodística de Público e tamén o informe de FEDEA



Máis Prensa


AS PORTAS XIRATORIAS FUNCIONAN SEN DESCANSO A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS

AS MENTIRAS SOBRE A DÉBEDA DE GRECIA CON ESPAÑA

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY

A CORRUPCIÓN SINDICAL

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA

Descargas