Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY


Dicía o meu mestre Enrique Fuentes Quintana: "Nesta fraude de democracia que nos impuxeron, cando un ministro de Facenda quere ingresar máis, o máis cómodo técnica e politicamente, e tamén o máis inxusto, aínda que iso dálles igual, é espremer o limón máis aínda". Enrique Fuentes referíase a como mantendo os tipos impositivos inalterados (ou baixándoos marxinalmente en renda e sociedades, como pensa facer Rajoy), podíanse incrementar os ingresos considerablemente sen máis que eliminar deducións e, ademais, pagando os de sempre: os que cobramos unha nómina.

A este inmenso colectivo que constituímos a clase media e a clase traballadora que traballamos para terceiros, Facenda tennos ben collidos polo pescozo. Nada máis sinxelo, pois, que apertarnos a gorxa, ata que se nos saia a lingua. Era o que o profesor Fuentes denominaba "espremer máis o limón" e Mariano, na súa linguaxe mintireira e perversa, fala de "facer máis eficiente a recadación". Nunha recente enquisa realizada por Pricewaterhouse Coopers (PwC) entre case 400 fiscalistas, responsables de tributos de empresas, profesores, etc., sobre os efectos da reforma fiscal, un 70% opinaba que os cidadáns verían incrementada sua xa insoportable presión fiscal, xa que o réxime tributario español combina as taxas máis altas de Europa coas recadacións máis baixas.

Este panel de expertos conclúe o obvio, o que algúns levamos anos defendendo: a "urxencia de reducir o número de concellos e de funcionarios para consolidar as contas públicas e alcanzar os obxectivos de déficit comprometidos con Bruxelas". Tamén cuestiona o papel das deputacións, aínda que os consultados son pesimistas respecto de que isto ocorra. Claro, Citi ou Goldman, ás que o FROB encarga privatizar Bankia, se teñen que dicir que a economía mellora, pois faltaría máis, dino. Todo o contrario que o gran fondo ruso Renaissance, que se pregunta "até cando os españois van poder aguantar un espolio e un grao de dor como nunca antes nunha sociedade moderna?". Seguir lendo en El Confidencial



Máis Prensa


AS PORTAS XIRATORIAS FUNCIONAN SEN DESCANSO A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS

AS MENTIRAS SOBRE A DÉBEDA DE GRECIA CON ESPAÑA

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY

A CORRUPCIÓN SINDICAL

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA

Descargas