Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS


Ignacio Escolar
Director de eldiario.es. Fundador e primeiro director de Público. Autor do blog escolar.net. Analista político en radio e televisión: en Hoy por hoy, da Cadea SER, ou nas Mañás de Catro, entre outros espazos. Máis información en www.escolar.net/about.

1- A diferenza entre conxelar as pensións e subilas un ridículo 0,25%? Nunha pensión media (983 euros mensuais), son dous euros con cincuenta céntimos ao mes. Con ese diñeiro, os pensionistas poderán tomar un cafeiño extra cada quince días. Pero esta cifra é enganosa: como as pensións subirán menos que o IPC, o poder adquisitivo dos pensionistas recórtase. Eses 2,5 euros mensuais son o truco de trileiro co que o PP pretende enganar aos anciáns cunha ridícula subida nominal. O 0,25% só serve para tentar disimular un novo recorte máis.

2- O tesourazo total dependerá de como sexa a inflación, pero se se sitúa no 2% - unha cifra conservadora, a media española é do 3% anual -, un pensionista medio perderá 18 euros ao mes de poder adquisitivo, 252 euros ao ano. E isto é só en 2014. A nova reforma das pensións que aprobou o Goberno - coa oposición até da patronal, que xa é dicir - devaluará as pensións medias nuns 1.500 euros anuais durante o próximos oito anos.

3- O Goberno non aclarou a santo de que lle sae só un 0,25% de revalorización. Segundo a reforma das pensións - que aínda está por aprobar no Parlamento, aínda que o Goberno o vaia a aplicar xa -, o 0,25% é o mínimo dun algoritmo que inclúe varios factores económicos. O ministro Montoro non detalla como se fixo un cálculo que, de tan redondo, máis ben parece unha decisión política: subir o mínimo para que non pareza que as conxelan.

Seguir lendo e ver vídeo en Escolar.net



Máis Prensa


AS PORTAS XIRATORIAS FUNCIONAN SEN DESCANSO A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS

AS MENTIRAS SOBRE A DÉBEDA DE GRECIA CON ESPAÑA

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY

A CORRUPCIÓN SINDICAL

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA

Descargas