Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS


Vicenç Navarro foi Catedrático de Economía Aplicada na Universidade de Barcelona. Actualmente é Catedrático de Ciencias Políticas e Sociais, Universidade Pompeu Fabra (Barcelona, España).
É tamén profesor de Políticas Públicas en The Johns Hopkins University (Baltimore, EEUU) onde impartiu docencia durante 35 anos. Dirixe o Programa en Políticas Públicas e Sociais patrocinado conxuntamente pola Universidade Pompeu Fabra e The Johns Hopkins University. Dirixe tamén o Observatorio Social de España.
É un dos investigadores españois máis citados na literatura científica internacional en ciencias sociais

A postura central do Informe do Comité de Expertos sobre as Pensións (a partir de agora ICE) é que o crecemento da esperanza de vida e da porcentaxe da poboación anciá en España fai insustentable o sistema de pensións públicas, a non ser que se fagan unha serie de cambios que, na práctica, significarían unha notable redución das pensións públicas, tanto dos futuros pensionistas como dos actuais. Tras unha narrativa que tenta transmitir unha mensaxe de obxectividade e neutralidade tecnocrática, as propostas que realiza o Comité significarían a redución máis drástica das pensións públicas que ocorrese na maioría de países da Unión Europea dos Quince (UE-15). Vexamos os datos.
O ICE comeza sinalando que o maior problema que ten o sistema de pensións públicas é o envellecemento da poboación. Enuncia, con gran alarma, que no ano 1900 (inicio do século pasado, o século XX), "a esperanza de vida dos españois con 65 anos era duns 10 anos; hoxe esperan vivir vinte anos máis (e cara ao 2050 prevese que vivirán 25 anos máis)". O ICE sinala que este crecemento da esperanza de vida é un problema enorme para a sustentabilidade das pensións.
O outro "gran problema" que cre identificar o ICE é o crecemento da porcentaxe de poboación anciá. O ICE sinala que, mentres a porcentaxe da poboación anciá (é dicir, por encima dos 65 anos) ten "medrado nas últimas décadas até o 17% de toda a poboación, e está previsto que alcance o 37% en 2052. Nesta última data, por tanto, espérase que un de cada tres individuos teña máis de 65 anos. En cifras absolutas, o número de pensións que prevé a Seguridade Social pasaría - dentro de corenta anos a partir de agora - dos 9 millóns actuais aos 15 millóns en 2052". O ICE conclúe que non haberá suficientes traballadores cotizantes para soster a tanto pensionista e aínda menos para sostelos durante tantos anos de vida e goce das pensións. De aí a nece-sidade de reducir as pensións xa agora, neste momento, sen esperar máis. Hai que facelo inmediatamente, tomando medidas que o ICE recoñece que serán impopulares, pero que hai que facer aproveitando que agora, neste momento de enorme crise económica, a xente está receptiva para facelas. Nun borrador anterior, o Comité de Expertos escribía explicitamente que hai que aproveitar este momento de crise para poder facer estes cambios, da gran importancia dos cales son conscientes. Esta observación desapareceu do seu informe final.


Os erros do determinismo demográfico


Un dos exemplos máis claros da inoperancia e falta de credibilidade das teses da insostenibilidade do Sistema Público de Pensións é o fracaso das súas predicións. Juan Torres e eu temos todo un capítulo no noso recente libro O que debes saber para que non che rouben a pensión (Editorial Espasa. 2013) mostrando a falta de credibilidade das proxeccións dos catastrofistas. Unha por unha, estas proxeccións e previsións (incluíndo as que fixeron varios membros do citado Comité de Expertos) resultaron falsas.   

Máis Prensa


AS PORTAS XIRATORIAS FUNCIONAN SEN DESCANSO A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS

AS MENTIRAS SOBRE A DÉBEDA DE GRECIA CON ESPAÑA

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY

A CORRUPCIÓN SINDICAL

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA

Descargas