Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA


Yanis Varoufakis
Economista greco-australiano,
profesor de Política Económica
na Universidade de Atenas, que
teoriza sobre o “crash” de 2008
e a actual crise sistémica
O presente documento é una entrevista
có Profesor feita por Paula Corroto e
publicada en Público.es
 
O Minotauro cretense era unha figura mitolóxica con corpo de home e cabeza de touro encerrada nun labirinto construído polo Rei Minos. A besta debía alimentarse con carne humana, e o rei encargouse de que fose Atenas, cuxo rei Exeo matara ao seu fillo, quen se encargase de compracer ao monstro e así pagar o tributo polo asasinato. Estableceuse unha especie de Pax Cretense mediante a cal Creta converteuse no máximo poder económico e político da zona. Atenas pagaba con carnes novas, o Minotauro engulía e a illa mediterránea satisfacía as súas ansias hexemónicas. Ata que o monstro foi aniquilado por Teseo e Atenas recuperou o seu poder. Esta metáfora é a que utilizou o economista greco-australiano e profesor de Política Económica na Universidade de Atenas Yanis Varoufakis para explicar o crash de 2008 e a actual crise sistémica no seu recente ensaio O Minotauro Global (Capitán Swing). Segundo explica, foi EE.UU. a partir de 1971 quen comezou a crear esta besta a partir do aumento do seu déficit mediante as importacións a países como Alemaña e Xapón, os cales devolvían os seus beneficios a Wall Street a través dos impostos. Este círculo rompeu cando as pirámides de diñeiro privado que Wall Street creara sen ningún tipo de regulación con estes ingresos viñeron abaixo. O Minotauro estalou e as súas tripas salpicaron a todos os que viviran del e con el. Nesta entrevista, realizada mediante correo electrónico, Varoufakis aborda a súa teoría, sinala aos causantes do desastre, fala dos casos de Grecia e España, da morte da socialdemocracia e ofrece unha solución para estes países: "Ter un goberno que diga NON aos vacuos acordos que Europa lle está obrigando a asinar".   

Paula Corroto: Cales son as orixes da teoría do Minotauro Global?

Yanis Varoufakis: Durante moitos anos traballei nun intento de explicar a maneira na que EE.UU. conseguiu facer algo verdadeiramente extraordinario: ser o primeiro "imperio" que estende a súa autoridade e incrementa a súa hexemonía baseándose no aumento dos seus déficits. O meu amigo e colega Joseph Halevi tentou dilucidar ese mecanismo de reciclaxe de excedentes que se asumiu desde o sistema de Bretton Wood  sen ningún tipo de acordo internacional. Este mecanismo estaba baseado nun incesante fluxo de impostos por parte do resto do mundo ó hexemónico EE.UU., e a min ocorréuseme que iso era unha especie de Minotauro Global: os  déficits de EE.UU. xogaban o papel da besta e o resto do mundo o dos atenienses que tiñan que dar para comer á besta para obter crecemento e estabilidade.
Seguir lendo en Público.es
Máis Prensa


AS PORTAS XIRATORIAS FUNCIONAN SEN DESCANSO A POUCOS MESES DAS ELECCIÓNS

AS MENTIRAS SOBRE A DÉBEDA DE GRECIA CON ESPAÑA

O OCO QUE DEIXA O DIAÑO: Unha estimación da fraude no IRPF

A REFORMA FISCAL OU O NOVO ESPOLIO DE RAJOY

A CORRUPCIÓN SINDICAL

CINCO NÚMEROS E UN VÍDEO SOBRE O RECORTE DAS PENSIÓNS

OS ERROS E FALACIAS DO CHAMADO COMITÉ DE SABIOS SOBRE AS PENSIÓNS PÚBLICAS

DESGRACIADAMENTE, ESPAÑA XA É UNHA NOVA GRECIA

Descargas