Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

AVANTAXES DE ESTAR AFILIADO/A Á USTG

Estar afiliado/a á USTG significa participar nun proxecto para transformar a realidade, mellorar as condicións de vida e de traballo dos afiliados e afiliadas e dos traballadores e traballadoras en xeral.
E facelo sen que a coxuntura política condicione súa actuación, respondendo estrictamente ós teus problemas laborais e profesionais e dispoñendo para elo dos Servizos que sexan precisos. 
 
Ademais estar afiliado/a a USTG supón:
  • Contribuír a fomentar o emprego estable.
  •  Traballar por unha maior integración e igualdade dos colectivos con maiores problemas (xoves, mulleres, inmigrantes, ...) no mercado de traballo.
  • Desenvolver os dereitos de participación e negociación nas empresas
  • Abrir vías de solución dos conflictos sen acudir ós tribunais, etc.
  • Dispor de Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, administrativistas, etc.)
  • Estar informado sobre: Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, finiquitos, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc.
  • Formación específica e sindical para os Delegados/as de persoal, membros dos Comités e Xuntas de Persoal, etc.
  • Recibir unha atención directa nas empresas a través de súa correspondente Sección Sindicalou nas sedes do Sindicato.
  • Obter descontos e gozar as avantaxes nos Seguros, Ópticas, Telefonía móbil, entidades e comercios cos que mantén convenios o Sindicato e noutros servizos que se poidan crear. Se pensas que, efectivamente, é de teu interese estar afiliado/a, cubre o formulario, remíteo ou pasa polo Sindicato.


Descargas

1- Boletin Afiliacion papel Banco.pdf

2- Boletin Afiliacion papel Nomina.pdf