Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

VALORACION DA FOLGA COMARCAL FERROL 12 DE XUÑO


O Comité Comarcal da USTG de Ferrolterra fai pública a súa valoración da Folga Xeral protagonizada pola inmensa maioría de traballadores e traballadoras, dos funcionarios públicos, dos autónomos e dos pequenos comercios da Comarca.

 En primeiro lugar queremos destacar a práctica ausencia de incidentes dignos de mención o que demostra o alto grado de concienciación e a firme disposición da poboación esixindo solucións a unha situación que se fai mais insostible cada día que pasa.

A Folga foi practicamente total desde primeiras horas, paralizando a súa actividade desde as grandes empresas ate o pequeño comercio, o transporte, os servizos públicos desde a Residencia ate as Administracións Públicas, funcionando os servizos mínimos, sen ningún incidente digno de ser sinalado.

 Para a USTG de Ferrolterra este é o camiño imprescindible para parar a sangría do peche de empresas e dos Eres na Comarca e poñer en marcha un verdadeiro Plan Ferrol que teña como punto de partida a reactivación do sector naval como motor industrial e o inicio dunha verdadeira diversificación que pare a destrución do emprego e comece a recuperación da esperanza.

Esta Folga ten que ser un punto de inflexión, para que os gobernos desde os dos Concellos, o da Xunta e ate o Goberno central comezan a poñer solucións en riba da mesa e si non o fan…… que dimitan.

Para a USTG de Ferrolterra nin Jose Manuel Rey Varela, nin Alberto Nuñez Feijoo, se poden por ao fronte das reivindicacións para así eludir a súa responsabilidade política. Se non son capaces de artellar as solucións que o tecido social demanda, se o “goberno amigo” de Rajoy non da solucións para Ferrolterra, teñen a obriga de dimitir.

 Ferrol 12 de xuño de 2013


Máis Comunicados


VALORACION DA FOLGA COMARCAL FERROL 12 DE XUÑO

VALORACIÓN DA FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012

O DIA 8 DE OUTUBRO, MOBILIZACIÓN

MÁXIMO DE UNIDADE, PORQUE HAI QUE PARALOS

TODOS/AS ÁS MOBILIZACIÓNS CONTRA RECORTES DE DEREITOS DOS EMPREGADOS PÚBLICOS

O GOBERNO RESCATA Á BANCA E SECUESTRA O SALARIO E A DIGNIDADE DOS TRABALLADORES

POR QUE A USTG NON APOIA A CONVOCATORIA DE FOLGA DA CIG PARA O DÍA 28 EN FERROLTERRA

POSICIÓN DA USTG DIANTE DO CONFLICTO NO SECTOR NAVAL DE FERROL

Descargas