Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

ALSTON RENOVABLES: LOITA POLA SUPERVIVENCIA


Máis dun milleiro de traballadores procedentes das cinco plantas que Alstom Renovables ten repartidas por España chegaron a Madrid na mañá do día 9 para reclamar un futuro para os seus empregos. Entre os desprazados para este evento estaban os 63 operarios que a firma francesa ten nas Somozas e Narón, instalacións que  entran na lista de liquidacións proposta pola multinacional para o seu negocio eólico en España.

Unha delegación dos traballadores entregou á Dirección de Recursos Humanos da Empresa, na súa sede central do Paseo da Castellana, un escrito coas demandas do colectivo, antes de dirixirse ao Ministerio de Industria onde tentaron, sen conseguilo, ser recibidos polas autoridades do Ministerio, e onde rematou a manifestación.

O colectivo de Ferrolterra, que viaxou a Madrid en bus e coches particulares, compartiu a acción reivindicativa cos compañeiros procedentes de  Galindo, Barcelona, Buñuel e Altamira, os lugares onde existen outros centros da compañía que mercara no 2007 as instalacións de As Somozas e Río do Pozo á antiga matriz Ecotecnia.

 

Os presuntos argumentos da empresa francesa para deseñar un plan que na práctica significa o peche dos centros de traballo galegos, son “a crise económica e a falla dun marco regulatorio estable para o mantemento do negocio eólico”. Pero esas afirmacións están contraditas pola realidade, xa que, a lo menos nos centros anteditos, víñanse cumprindo obxectivos sen maiores dificultades cando en Febreiro presentou por sorpresa o Plan de Reestruturación.

Compre subliñar que, desde entón, a posición empresarial non variou ren, reducíndose ao peche de todos os centros agás o de Buñuel, o que representa a destrución de 373 empregos.