Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

CONCLUSIÓNS E DOCUMENTOS DO I CONGRESO DA USTG


 

Ás dúas e media da tarde do sábado 15 de xuño, concluía o I Congreso da USTG na súa sede central da cidade de Ferrol.

O Congreso, que fora convocado a primeiros de abril e que se desenvolveu nun clima de austeridade propio dos tempos de crise que corren, aprobou unha actualización dos Estatutos da USTG para adaptalos aos novos tempos e á realidade dunha organización que quer basear súa viabilidade de futuro no autofinanciamento pleno como garantía da súa autonomía.

Ademáis diso, foi aprobada unha Resolución Xeral, auténtico documento programático para os próximos catro anos, que contén as liñas maestras do que a USTG que ser, nun momento histórico no que unha boa parte do Movemento Sindical está sendo bombardeado por terra mar e aire desde o poder político e patronal, e cuestionado por unha parte moi importante da Crase Obreira.

Por último, Dúas Resolucións Especiais foron aprobadas, unha sobre o desmantelamento do Estado do Benestar, e outra sobre a fonda crise que está a sufrir a cidade de Ferrol e súa comarca por efecto da desindustrialización iniciada nos 80, e agudizada pola práctica extinción de carga de traballo no Naval.

Para ver/baixar os documentos do Congreso, clicar no seguinte link:

http://www.ustg.es/down/docu/docu-estatu.php

 



Máis Novas USTG


OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DA XUNTA E O SERGAS

CONCLUSIÓNS E DOCUMENTOS DO I CONGRESO DA USTG

I CONGRESO DA USTG

FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012

15-S: a USTG ESTIVO ALÍ

O 15-S, TODOS/AS A MADRID

30 DE XULLO: GRAN PARTICIPACION DOS EMPREGADOS PÚBLICOS



Descargas

1- OPE Sergas 16.pdf

2- OPE Xunta 16.pdf