Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

I CONGRESO DA USTG


O Consello Nacional da USTG, na súa xunta do pasado día 11 de abril, tomou a decisión de convocar o Primeiro Congreso do Sindicato, que se celebrará o vindeiro 15 de xuño na cidade de Ferrol.

Son tempos duros e de tribulación para o Movemento Obreiro, e por suposto para a USTG. Pero precisamente por elo non se podía aprazar máis un evento democrático desas características, que de cumprir coas expectativas, deberá ser un potente impulso para o fortalecemento organizativo  e a expansión da primeira forza sindical nacida en Galicia no século XXI.

Os documentos fundamentais que van servir para o debate congresual xa foron distribuídos ás organizacións territoriais e sectoriais de toda a USTG. Tanto a Proposta de Resolución Xeral - documento programático e de orientación estratéxica para os vindeiros catro anos - como a Proposta de modificación de Estatutos - pensada para dotar ó Sindicato de meirande operatividade funcional e democracia interna - van ser obxecto de debate e, no seu caso, de propostas de modificación e perfeccionamento por parte das Organizacións. Todo elo para concluír en documentos definitivos no propio Congreso.

A austeridade vai rexer todo o proceso congresual, mais de ningún xeito ela vai minguar a liberdade e a transparencia no debate e toma de decisións do propio Congreso, nin en ningunha forma de limitación da participación d@s afiliad@s e militantes na construción dos resultados do debate pre-congresual e do propio Congreso.

Coa fin de facilitar a tod@s @s adiliad@s o coñecemento e a participación consciente no debate pre-congresual a través das súas respectivas organizacións territoriais e sectoriais, poñemos a dispor de tod@s as Propostas de Resolución Xeral e a de Modificación dos Estatutos.

Para acceder a ditos documentos, só tedes que INICIAR SESIÓN nesta Web, e unha vez feito iso, clicar no seguinte enlace:

DOCUMENTOS I CONGRESO.

Desde alí podedes ler, baixar e mesmo imprimir os documentos, que aparecen na lista aberta cós números 33 e 34 respectivamente.

As aportacións e suxerencias que a lectura dos mesmos vos inspiren, deberédelas presentar polas canles ordinarias - as Seccións Sindicais, Uni&

Máis Novas USTG


OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DA XUNTA E O SERGAS

CONCLUSIÓNS E DOCUMENTOS DO I CONGRESO DA USTG

I CONGRESO DA USTG

FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012

15-S: a USTG ESTIVO ALÍ

O 15-S, TODOS/AS A MADRID

30 DE XULLO: GRAN PARTICIPACION DOS EMPREGADOS PÚBLICOS



Descargas

1- OPE Sergas 16.pdf

2- OPE Xunta 16.pdf