Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012


Resolución do Comité Nacional de USTG de 16 de outubro de 2012

O Comité Nacional da USTG reunido o día 16 de outubro de 2012, para analizar e debater a situación económica, social e laboral, aprobou a seguinte resolución:

O Comité Nacional da USTG constata que a política de recortes e reformas, lonxe de resolver a situación económica e social está a agravar a situación de amplas capas da cidadanía, incrementando o paro e o número das familias que non teñen un só compoñente traballando o que dispara os niveles de pobreza e o risco de exclusión social.

Así mesmo, á situación de crise económica, súmase a crise política e institucional, que está a incidir directamente sobre a estabilidade política e económica do Estado das Autonomías e que ten sumida á inmensa maioría da cidadanía nunha sorte de confusión xeneralizada, e de perda da confianza nas súas Institucións, o que repercute sobre o emprego e sobre o noso futuro.

Para USTG, nestes momentos, a unidade de acción segue sendo un factor determinante para que as mobilizacións teñan resultado, algo que empeza a resultar difícil, pola actitude pechada dos gobernos soportados por maiorías absolutas dos votantes que, pola contra non representan á maioría da cidadanía que  cada vez mais non vota, ou ben vota en branco e nulo. Así á maioría absoluta do PP nas recentes eleccións de Galicia representa tan só o 24,25 % de voto do censo e o conxunto de partidos que se presentaron e obtiveron representación parlamentaria en Galicia representan ao 47,95% dos galegos.

É por iso que, conscientes da situación pola cal estamos a atravesar os traballadores e a cidadanía en xeral, coidamos que existen motivos máis que suficientes para convocar unha folga xeral, que é a forma de resposta colectiva que ten a clase traballadora, na seguridade de que todo o que facemos é para esixir que a saída desta situación económica, ten que ser contando cos traballadores e cos cidadáns.

Por estes motivos e por coherencia coa nosa traxectoria sindical, a USTG – igual que fixo o 20 de xuño de 2002, o 29 de setembro de 2009 e o 29 de marzo de 2012 – convoca Folga Xeral para o vindeiro 14 de novembro.

Desde USTG seguiremos levando a nosa resposta na rúa e nas empresas, con organización, con transparencia e con responsabilidade, como único camiño para manter e gañar dereitos.

Galicia 30 de outubro de 2012
 



Máis Novas USTG


OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DA XUNTA E O SERGAS

CONCLUSIÓNS E DOCUMENTOS DO I CONGRESO DA USTG

I CONGRESO DA USTG

FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012

15-S: a USTG ESTIVO ALÍ

O 15-S, TODOS/AS A MADRID

30 DE XULLO: GRAN PARTICIPACION DOS EMPREGADOS PÚBLICOS



Descargas

1- OPE Sergas 16.pdf

2- OPE Xunta 16.pdf