Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

15-S: a USTG ESTIVO ALÍ


CENTOS DE MILES DE TRABALLADORAS/ES DEFENDENDO DEREITOS

Non hai ningunha dúbida: a impresionante manifestación do 15-S en Madrid marcará un antes e un despóis na loita dos traballadores e traballadoras de toda España pola defensa do Estado do Benestar e contra unhas políticas que saquean aos máis pobres para enriquecer aos máis ricos.

 

O Goberno de Rajoy xa non poderá mirar para outro lado, porque a carreira da súa propia deslexitimación está xa encetada , con esta grande mobilización social, acada velocidade de cruceiro.

A USTG, coa súa presenza nesa manifestación, aportou o seu grao de area para por en evidencia a un Goberno que só escoita aos banqueiros. Un goberno que non só goberna para as Oligarquías financeiras, se non que el mesmo se comporta como unha oligarquía política, pulverizando os dereitos e o benestar das clases populares en beneficio dos que controlan o poder económico.

Vivimos tempos difíciles e duros; pero é a hora de perder o medo, de facer fronte á "doutrina do shock" e construír de xeito activo un consenso social que represente un verdadeiro plebiscito polo Estado de Benestar que con grande esforzo das maiorías sociais empezaba a agromar no noso País.




Máis Novas USTG


OFERTA PUBLICA DE EMPREGO DA XUNTA E O SERGAS

CONCLUSIÓNS E DOCUMENTOS DO I CONGRESO DA USTG

I CONGRESO DA USTG

FOLGA XERAL O 14 DE NOVEMBRO DE 2012

15-S: a USTG ESTIVO ALÍ

O 15-S, TODOS/AS A MADRID

30 DE XULLO: GRAN PARTICIPACION DOS EMPREGADOS PÚBLICOS



Descargas

1- OPE Sergas 16.pdf

2- OPE Xunta 16.pdf