Content on this page requires a newer version of Adobe Flash Player.

Get Adobe Flash player

Mocidade | Muller | Inmigración | Xubilados

O DEPARTAMENTO NACIONAL DA MOCIDADE

O Departamento Nacional da Mocidade da USTG agrupa ós afiliados e afiliadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, independentemente dos sectores profesionais ós que pertenzan ou houbesen pertencido, co fin de que o sindicato asuma de xeito integral a súa problemática, tanto no seu tratamento interno de atención e servicios ós afiliados como da súa defensa diante das empresas, administracións, institucións, etc.

A tal fin os representates do Departamento participan na estructura territorial do Sindicato segundo se establece nos seus Estatutos e Regulamentos.

As funcións do Departamento Nacional da Mocidade son as seguintes:

A elaboración, para seu estudio e aprobación polos órganos do Sindicato, de Estudios e Informes encol da situación da Mocidade Galega, así como das propostas e alternativas para mudar ou afrontar dita situación.

A divulgación pública dos seus traballos e alternativas mediante a realización de actos e campañas dirixidas ós xoves, de xeito que sirvan para o seu vencello e afiliación ó Sindicato como mellor maneira de traballar e contribuír na súa consecución.

A relación con outras organizacións xuvenís, representando o Sindicato, en Plataformas, organismos e institucións relativas á mocidade.

A programación e realización de actividades, cursos, etc. tanto por medios propios como obtidos a medio de subvencións, dirixidos ós afiliados encadrados no Departamento.

A atención individual dos afiliados que demanden do Sindicato algunha actuación especifica dirixida á mocidade. A colaboración no desenvolvemento dos programas xerais do Sindicato.

A sede do Departamento Nacional da Mocidade da USTG está en Ferrol:

Rúa Españoleto, 76-78 baixo 15403 - FERROL

Teléf. 981333033, 981373001. Fax 981370621

E-mail: ustg@ustg.es