981333033 contac@ustg.es

Estatutos e Regulamentos da USTG

Estatutos da USTG

 

ESTATUTOS DA  UNIÓN SINDICAL DE  TRABALLADORES DE GALICIA

USTG

Aprobados no seu II Congreso, celebrado en Ferrol o 03 de xuño de 2017

LIMIAR

A Unión Sindical de Traballadores de Galicia USTG, xurde froito da experiencia da historia recente do sindicalismo que, asumindo os principios e valores da autonomía sindical e o pluralismo que caracteriza ó mundo do Traballo, veu desenvolvéndose desde os tempos difíciles da ditadura ata a actual configuración do Estado democrático das Autonomías.

Consecuente cunha vontade de unidade e unión no respecto á pluralidade propia dos traballadores e das traballadoras, a USTG aspira a constituírse no referente e aglutinante das organizacións sindicais que, en Galicia, se reclaman da independencia e da autonomía sindical, respectando súa identidade, súa autonomía e súa capacidade de organización.

 CAPÍTULO I.- DENOMINACIÓN,  ÁMBITO E DOMICILIO

Art. 1. Denominación

Coa denominación de UNIÓN SINDICAL de TRABALLADORES de GALICIA (USTG), ó amparo da L.O. 11/1985 de Liberdade Sindical, constitúese unha Organización Sindical na Comunidade Autónoma de Galicia que se organiza e rexe po-los presentes Estatutos. O anagrama será as siglas en formato de letra BLIPPO BLACK BT.

Art. 2. Ámbito

O ámbito territorial da UNIÓN SINDICAL de TRABALLADORES de GALICIA en adiante USTG, correspóndese có propio territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñendo de plena soberanía, de personalidade xurídica propia e  plena capacidade de obrar.

(Ler mais)

Regulamento de Asesorías da USTG

 

REGULAMENTO DAS ASESORIAS DA UNIÓN SINDICAL DE TRABALLADORES DE GALICIA

 Limiar

As normas establecidas neste regulamento obrigan a tódalas partes afectadas. O Comité Nacional da USTG, poderá modificalas cando o teña a ben.

Con elas quedan regulados o asesoramento e asistencia xurídica proporcionada polos recursos propios ou concertados, da Unión Sindical de Traballadores de Galicia, nos  locais do Sindicato adaptándose a elas as situacións especiais que se poidan acordar polo Comité Nacional.

Artigo 1.- Ámbito e extensión do servizo.

  1. A atención xurídica constitúe un dos servizos do sindicato para os afiliados ó corrente do pago das cotas.
  2. A condición de afiliado só a ten o titular do carné de afiliado que se deberá presentar para a utilización do Servizo.
  3. No obstante, tamén poderán ser atendidos os non afiliados, ós que se lles aplicarán as presentes normas e en concreto as tarifas a eles referidas e contidas no anexo I.
  4. O Servizo comprenderá exclusivamente a asesoría e atención xurídica de materias do dereito do traballo, seguridade social e contencioso-administrativo, quedando polo tanto excluídas as restantes materias de outras xurisdicións (penal, civil, etc.).
  5. No referido a outras materias ou campos do Dereito, tan só se poderá prestar, no ámbito do Sindicato, a primeira consulta. De xeito que, unha vez realizada esta, os/as usuarios/as da Asesoría podan concertar, cos profesionais titulares da mesma e fora do ámbito do Sindicato, a continuación do expediente, prezo e demais cuestións.

Artigo 2.- Gastos no incluídos no Servizo

1.              Serán por conta do/a usuario/a, incluídos os afiliados, as seguintes partidas:

(Ler máis)

Artigos e traballos de Opinión

 

Opinión I

Páxina en construción. Disculpade as molestias

Opinión II

Páxina en construción. Disculpade as molestias

 

Opinión III

Páxina en construción. Disculpade as molestias

 

Opinión IV

Páxina en construción. Disculpade as molestias

 

Opinión V

Páxina en construción. Disculpade as molestias