981333033 contac@ustg.es

Quen somos

Unión Sindical de Traballadores de Galicia
O nacemento da USTG prodúcese na Primavera do 2002, o que fai desta nova forza sindical a primeira experiencia efectiva no novo século para superar os vicios históricos do Movemento Sindical do século XX.

Súa inspiración está nas fontes do Sindicalismo Autónomo e Independente, que ten longa tradición no noso País.

Aínda que moitos dos seus dirixentes e cadros son xente nova, conta tamén con persoas de longa militancia no Sindicalismo Autónomo e Independente, o que fai deste novo Sindicato unha vivificante mescla de vitalidade e experiencia difícil de atopar noutras organizacións.

O modelo de organización da USTG non ten nada que ver con esas grandes superestructuras cheas de executivos politizados ou burocratizados.

Nada mais nacer, a USTG recibe nas saús filas un importante continxente de afiliados e Cadros sindicais, un fato de Delegados electos en Empresas e Administracións, e todo un importante patrimonio humano e material.

A USTG é unha organización sindical consolidada, con presencia real en todas as provincias, con implantación nos sectores industriais mais relevantes, nas empresas públicas e privadas mais grandes, nos Servicios e as Administracións Públicas, pero tamén ten presencia e representación en multitude de pequenas empresas e centros de traballo.

Ademais, a USTG incorpora, desde o principio, unha firme vontade innovadora, dotándose de ferramentas modernas e moi descentralizadas e de formas de organización flexibles para dar cabida no seu interno a multitude de realidades sindicais hoxe pequenas e dispersas, pero que comparten a idea dun sindicalismo independente e a pe de obra.

E neste eido a USTG ten participado na constitución da Federación de Organizacións Sindicais Unión Sindical (US),que a nivel do Estado tenta desenvolver un Proxecto Sindical aberto a todolos sindicatos e organizacións sindicais que se proclaman autónomos e independentes e rexeitan os modelos hoxe maioritarios.