981333033 contac@ustg.es

Obxectivos

O emprego non ha ser só unha cifra estadística. Traballo digno, estable e con dereitos

Salarios que garantan o poder adquisitivo

Salarios que garantan o poder adquisitivo das economías familiares, con mecanismos de participación no crecemento económico.

Xornadade 35 horas

Avanzar cara á xornadade 35 horas, e progresiva erradicación dos excesos de xornada que, presionados pola precariedade contractual, milleiros de traballadores e traballadoras se ven obrigados a facer e na maioría dos casos non cobrar.

A Seguridade e a Saúde Laboral

A Seguridade e a Saúde Laboral son parte inseparable das condicións de traballo, e como tais se teñen que garantir a todos os traballadores e traballadoras.

Desaparición progresiva das EETTs

Reclamamos a desaparición progresiva das EETTs, xa que súa existencia é de por sí un mecanismo de precariedade contractual e xerador de sinistralidade laboral.

Relacións Laborais e Negociación

Un marco propio de Relacións Laboraise Negociación Colectiva en Galicia, que facilite a participación dos traballadores/as e acade unhas condición de traballo e de salarios axustados á realidade económica que se está a vivir en Galicia.

A Incorporación das Mulleres e os Xoves

A Incorporación das Mulleres e os Xoves galegos ao Mercado Laboral en condicións de IGUALDADE, sen precariedade nen discriminación salarial.

Especial atención aos novos oficios

Prestar especial atención aos novos oficios que están aparecendo sen regulación específica, para combater súa desprotección. Creación de mecanismos axeitados, pegados á realidade e non meramente burocráticos, para incorporar ao mercado laboral @s Parad@s de longa duración..

Reserva de postos de traballo para @s Discapacitad@s

Cumprimento riguroso da Lei na reserva de postos de traballo nas Empresas e Administracións para @s Discapacitad@s.

Integración efectiva dos Inmigrantes

Integración efectiva dos Inmigrantes, que lles garanta unha vida digna.

Única e Eficaz

Unha Administración Pública Galega Única e Eficaz.

Negociación Colectiva dos Empregad@s Públic@s

Reclamamos a Negociación Colectiva d@s Empregad@s Públic@s, e o establecemento dunha Carreira Profesional que inclúa a existencia dunha soa modalidade de Empregad@ Públic@.

Dereitos d@s Traballador@s Autónom@s

Recoñecemento e defensa dos dereitos dos Traballadores Autónomos, moitos deles sobre-explotados na actualidade polas empresas ás que prestan seus servizos, en condicións económicas e de traballo indignas e con contratos mercantís ficticios.recemento económico.