981333033 contac@ustg.es

Órganos de Dirección

O Congreso Nacional

O Congreso Nacional é o Órgano máximo da decisión da USTG, e súa celebración con carácter ordinario será cada catro anos. O Congreso Nacional aproba os Estatutos da USTG, así como no seu caso a xestión dos Órganos electos.

Así mesmo establece as liñas estratéxicas e programáticas do Sindicato e elixe aos membros da Comisión Executiva e a Comisión de Garantías, a través de listas abertas e reconto maioritario, mediante sufraxio libre e secreto.

O Comité  Nacional aproba o Regulamento polo que se rexe a celebración dos Congresos da USTG, e ten a facultade exclusiva para convocar, a proposta da Comisión Executiva Nacional, o Congreso Ordinario. A facultade de convocatoria para o Congreso Extraordinario será tanto do Comité  Nacional, coma dun conxunto de Unións Comarcais e Federacións Nacionais que, estando legalmente constituídas, representen conxuntamente a un tercio ou mais dos afiliados da USTG ao corrente no pago da Cota sindical.

O Comité Nacional

O Comité Nacional e o máximo Órgano de Dirección entre Congresos da USTG.

A composición do Comité Nacional e a seguinte:

  • Os membros da Comisión Executiva Nacional.
  • Un representante de cada Organización Territorial e Profesional constituída, por cada 200 afiliados ao corrente no pago da Cota, ou fracción superior a cen desta cantidade
  • Un representante de cada Departamento Nacional constituído, por cada 300 afiliados adscritos ao mesmo e ao corrente no pago da Cota, ou fracción superior a 150 desa cantidade.
  • Un representante por cada Organización Territorial ou Profesional e Departamento Nacional que se encontre en proceso de constitución segundo determine o Regulamento correspondente.
  • Un representante de cada Organización Adherida por cada 300 afiliados declarados

Son funcións específicas do Comité Nacional:

  • Desenvolver as directrices estratéxicas e programáticas acordadas polo Congreso, a través de Programas de traballo e iniciativas concretas
  • Coñecer, apoiar e controlar a xestión diaria da Comisión Executiva.
  • Aprobar a adhesión e a Integración das organizacións que así o soliciten.
  • Promover e desenvolver a constitución e pleno funcionamento das estructuras territoriais e federais, así coma dos Departamentos da USTG, de acordo cós presentes estatutos e seus Regulamentos.
  • Exercer as funcións disciplinarias que se determinan nos presentes Estatutos e seu Regulamento específico.
  • Convocar no seu caso o Congreso Nacional, así como dirixir a aplicación estratéxica dos acordos e mandatos do mesmo
  • Aprobar os Presupostos Anuais da USTG, así como no seu caso as Contas da mesma.
  • Aprobar os Regulamentos do Congreso, do propio Comité Nacional, dos Órganos de Dirección da USTG, da Comisión Nacional de Garantías, das Estructuras Territorial e Federal, dos Departamentos Nacionais, dos Permanentes e Liberados, dos Servizos Técnicos e Xurídicos e demais que establecen os presentes Estatutos ou sexan de utilidade ao funcionamento do sindicato
  • O control da xestión, así como a cobertura de vacantes na Comisión Executiva e na Comisión de Garantías, ben por baixa ou dimisión ou por revogación dalgún membro da Comisión Executiva decidida polo propio Comité Nacional en base a causas disciplinarias, se fora o caso.
A Comisión Executiva Nacional

A Comisión Executiva Nacional é o Órgano Executivo e Colexiado de Dirección diaria da USTG. A Comisión Executiva Nacional estará composta por tres Secretari@s, elixid@s polo Congreso, e que responderán ás denominacións seguintes:

  • Secretari@ Xeral e de Ortganización
  • Secretari@ de Administración e Finanzas
  • Secretari@ de Servizos e Comunicación

Son funcións da Comisión Executiva:

  • Desenvolver no día a día as directrices e programas emanados do Comité Nacional.
  • Administrar o Patrimonio da USTG e xestionar os seus recursos e presupostos segundo o determinado polos presentes Estatutos e seus Regulamentos.
  • Desenvolver as áreas de traballo e os correspondentes equipos para a realización das tarefas de xestión diaria, de acordo coas directrices e mandatos do Comité Nacional.
  • Elaborar propostas e programas puntuais para ser sometidos a aprobación dos Órganos Superiores, e no seu caso dirixir a súa posterior posta en práctica.
  • Orientar e promover o funcionamento das Estructuras Territoriais e Federais, así coma os Departamentos e Servicios do Sindicato, baixo a supervisión e control do Comité Nacional.
  • Representar á USTG diante dos Poderes Públicos, Forzas Sociais e Institucións de Galicia e do Estado, así como diante dás instancias internas da Federación ou Confederacióná que se poida federar ou confederar.
  • Custodiar os Documentos legais do Sindicato, tanto os que se refiren ás finanzas e administración coma os que afectan ás xuntas dos Órganos e rexistros estatutarios e legais en xeral.
A Comisión Nacional de Garantías

A Comisión Nacional de Garantías é o Órgano de Xurisdicción interna que tutela os Dereitos e Garantías dos Afiliados e Organizacións da USTG consagrados nos Estatutos, e diante do que se pode exercer o Recurso de Amparo.

A Comisión Nacional de Garantías está composta por un President@, un Secretari@ e un Vogal, todos eles elixidos polo Congreso.

Son competencias da Comisión Nacional de Garantías:

  • Resolver en derradeira instancia, a través da interpretación dos Estatutos, os Recursos de amparo que sobre sancións lle sexan presentados polos Afiliados.
  • Resolver así mesmo en derradeira instancia os recursos de Amparo das Organizacións da USTG, en contra de decisións dos Órganos da mesma sobre conflictos entre organizacións.