Señas de Identidade
Sindicato Galego, ao servizo de todos cant@s viven e traballan en GaliciaA UNIÓN SINDICAL DE TRABALLADORES DE GALICIA declarase:
SINDICATO GALEGO
Ao servizo de cant@s viven e traballan en Galicia
SOLIDARIO
Sindicato SOLIDARIO, que procura a integración do conxunto de sectores e categorías que compoñen hoxe o mundo do Traballo.
PLURALISTA
Sindicato PLURALISTA, aberto a tod@s @s traballador@s, con respecto absoluto a súas concepcións políticas, filosóficas, ideolóxicas, relixiosas e culturais.
INCOMPATIBILIDADES
Nosos Estatutos establecen un réxime de INCOMPATIBILIDADES, de xeito que non se pode ser ao mesmo tempo dirixente do Sindicato e exercer un cargo de responsabilidade política (dirixente dun partido, concellal, diputad@, etc).
AUTONOMÍA e INDEPENDENCIA SINDICAL
Deste xeito garántese plenamente nosa AUTONOMÍA e INDEPENDENCIA SINDICAL.
LIBRE E SOBERANA
Organización LIBRE E SOBERANA, creada e dirixida pol@s traballador@s de todos os sectores e profesións.